Temas de

Ciencia é futuro

en Lugo, 2009

e breve descrición para a selección

 

         Que se pode solicitar:

 

Primeiros auxilios e Reanimación cardiopulmonar Fotos  Realizada en xuño de 2008

A revolución biotecnolóxica. Do ADN á Xenómica. Fotos Realizada en xuño de 2008

Outras charlas-obradoiros que poden solicitarse

Química
Física
recreativa Fotos Realizada en xaneiro de 2009


Os labirintos galegos

Como se crean os labirintos, que regras podemos dar da súa creación?, para que se usan ou poideron usar no pasado? Como se sae dun labirinto? Son os labirintos galegos os máis antigos de todo o mundo, a pesar da fama dos cretenses? Son algunhas das cuestións e obradoiros que se realizarán.


Nós celtas

Nós, e de forma xeral, ligazóns (cando hai varios nós), foron usados nas artes durante moito tempo, por exemplo nas ilustracións medievais de Biblias como o libro de Kells, de Irlanda, nas cruces de pedra, en dinteles como os do castro de Briteiros ou no torque de Elviña.

 As regras que permiten codificar e fixar os deseños dos nós celtas son os temas que se van tratar, así como facer un obradoiro con deseños de nós celtas de todo tipo.

Explorando coa luz

Unha exposición de gran éxito en toda Galicia que trata os aspectos físicos e matemáticos da luz, a óptica xeométrica, a percepción en 3D e as ilusións ópticas.


Xogos matemáticos

Os xogos son unha boa ferramenta didáctica na aula de matemáticas. Practicaremos algúns que farán máis motivadora e atractiva a aprendizaxe de certos temas matemáticos ao mesmo tempo que fomentamos destrezas de resolución de problemas


Paseo Matemático por unha cidade

Aprezar os aspectos matemáticos da cidade en que vivimos, a planificación, a arquitectura, a xeometría, a forma, a historia....


Xeometría dinámica

A xeometría dinámica é unha nova maneira de ver a xeometría clásica do plano de maneira atractiva, visual -por medio dos ordenadores- e é un medio para que o alumnado aprenda a facer construccións xeométricas, a coñecer a importancia da orde das construccións e poder chegar a deduccións semellantes a pequenas demostracións xeométricas.


Escher e Matemáticas

Redescubrir os descubrimentos de novos tipos de teselacións do plano que fixo o pintor Escher, e apreciar os diversos aspectos da súa obra son os obxectivos desta charla.


Códigos de Barras

O código de barras é unha ferramenta para capturar información de forma automática. Permite identificar productos, servizos, localizacións e activos de manera única a nivel mundial.

O código de barras posúe dous compoñentes: o código e o símbolo.

O código é a representación numérica, é dicir os caracteres lexibles e, o símbolo é a representación gráfica do código. Está conformado por barras claras e escuras de diferente grosor, que permiten a captura automática da información por medio do lector. Existen diferentes simboloxías: EAN-13, EAN-8, UPC-A, ITF-14 e GS1-128 entre outras.....

 


Robótica
Realizada o 24 de novembro de 2008

Se queres preparar un equipo pequeno de alumnos que participe no I Concurso Galego de Robótica en novembro de IGACIENCIA esta é unha boa opción, comprobando se realmente están motivados ou non.

 

 

    -7 de Xuño de 2008. Primeiros Auxilios e Reanimación cardiopulmonar. Manuel Díaz Allegue e Óscar Pato López (Anestesistas do Centro Hospitalario Juan Canalejo de Coruña), Ana Lema Carril  e Sonia González Bardanca (cirurxán pediátrica e psiquiatra do mesmo Hospital). No Centro de Educación do Concello de Lugo, Parque Infantil de Tráfico, no parque da Milagrosa.

 

Primeiros auxilios e Reanimación cardiopulmonar” (pode volver a seleccionarse)

 

Sesión teórica

 

11.00H   “Primeros auxilios y valoración del politrauma”. Dr. Óscar Pato López.

 

11.30H  “Reanimación cardiopulomar y soporte vital básico”. Dr. Manuel Díaz Allegue.

 

Talleres prácticos

 

12.15H Grupo A.  Reanimación cardiopulmonar. Prácticas con maniquí.

                   Dr. Manuel Díaz Allegue.

                   Dra. Sonia González Bardanca.

             Grupo B.  Valoración del politraumatizado.

                              Primeros auxilios. Prácticas  de suturas e inmovilización de fracturas.  

                   Dr. Óscar Pato López. 

                   Dra. Ana Lema Carril.

 

 

7 de Junio de 2008

Centro de Educación do Concello de Lugo, Parque Infantil de Tráfico, no parque da Milagrosa.

Organizado por Igaciencia.

 

 

     Fotos

 

     -14  de xuño de 2008. A revolución biotecnolóxica. Do ADN á Xenómica. Antonio Salas Ellacuriaga (Grupo de Investigación de Medicina Xenómica de Santiago).  No Centro de Formación e Recursos de Lugo, Dr Yáñez Rebolo, 31. 27004

     Antonio Salas Ellacuriaga.
    Membro do grupo de investigación de medicina xenómica.(pode volver a seleccionarse)
   http://medicina.xenomica.org/gl/paginas_personales/antonio_salas_2.html
   A súa intervención centrarase nos seguintes aspectos:
   -Xenética forense e as implicacións a nivel de criminoloxía.
  -Investigación en Antropoloxía molecular  e cuestións relacionadas coa orixe da humanidade.e co estudo das poboacións. Análise dalgunha das posibilidades que brinda como, por  exemplo, a reconstrución da ruta e práctica da escravitude.
  -Aplicación clínica ou médica da xenómica, na que se analizará como a xenética pode axudar a entender as doenzas.
   Conectará e amosará posibilidades en internet e traeranos mostras do laboratorio. .
   Participaron alumnado do IES Anxel Fole, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e do IES Xograr Afonso de Sarria

No biblioblog de Sarria

Fotos