Concurso Galego de Robótica
Días 17-21 de novembro de 2008
Lugo
Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP
Bases
" A maxia da robótica", que se desenvolverá na Semana da Ciencia, ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.
Modalidades: 1-Primaria (5º e 6º), 2-ESO e 3-Bacharelato ou FP da mesma idade
Premios: En principio, un primeiro e segundo premio en cada modalidade de 300 e 200 euros, respectivamente (pero en función do número dos participantes de cada modalidade, para que todos os participantes teñan a mesma opción a premio). Cada centro só pode levar un premio.
Destinatarios: O centros educativos dos grupos gañadores. Cada grupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros.
A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.
Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo, e presentación dos resultados do traballo realizado.
Día 22 de novembro as 12-1/4 horas, entrega dos premios