III Concurso Galego de Robótica

Do 9 ao 13 de novembro de 2010

BURELA (Lugo)

Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP

BasesSPIKE.gif

 

 

 

 

 

 

" A maxia da robótica", que se desenvolverá na Semana da Ciencia, ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.

Modalidades:

Participando no obradoiro a Maxia da Robótica: Categorías

A)-Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO

B)-2º, 3º e 4º de ESO e

C)-Bacharelato ou FP da mesma idade

Cada grupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros. Do 9 ao 12 de novembro.

 

Modalidade concurso libre:

Unha única categoría para os dez primeiros grupos inscritos (4 ou 5 membros) na web despois do día 9 de outubro.

Data o día 13, sábado, das 11 ás 12 horas.

Inscrición: a través do formulario facendo constar o día 13.

Na primeira das modalidades:

Premios: Tres  premios en cada categoría de 300, 200  e 100 euros ou o seu equivalente nun equipo de robótica.

O concurso libre terá un único premio de 300 euros. Neste premio tratarase de facilitar a participación dos centros  de Galicia.

Destinatarios: Os centros educativos dos grupos gañadores. Cada centro só pode levar un premio.

A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.

Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo, e presentación dos resultados do traballo realizado.

Día 13 de novembro, ás 12 horas, entrega dos premios