IV Concurso Galego de Robótica
Do 16 ao 21 de abril de 2012
Lugo
Bases provisionais
Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP
Bases
" A maxia da robótica", que se desenvolverá co motivo do Ano Galego da Tecnoloxía, ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.
Modalidades:
Participando no obradoiro a Maxia da Robótica: Categorías
A)-Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO
B)-2º, 3º e 4º de ESO e
C)-Bacharelato ou FP da mesma idade
Cada grupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros. Do 16 ao 21 de abril.
Modalidade concurso libre:
Unha única categoría para os dez primeiros grupos inscritos (4 ou 5 membros) na web despois do día 1 de abril.
Data de celebración o día 21, sábado, das 11 ás 12 horas. Sen premio, só a honra de gañar.
Inscrición: a través do formulario facendo constar o día 21.
Na primeira das modalidades:
Premios: Tres premios en cada categoría de 150, 100 e 50 euros.
O concurso libre non terá este ano máis premio que a declaración de ser o mellor centro en robótica de Galicia.
Destinatarios: Os centros educativos dos grupos gañadores. Cada centro só pode levar un premio.
A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.
Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo, e presentación dos resultados do traballo realizado.
Día 21 de abril, ás 12 horas, no CEI-Nodus de Lugo, entrega dos premios