http://www.educabarrie.org/agenda#/eventos/espectaculos-de-ciencia?all=all

http://www.educabarrie.org/agenda#/eventos/ano-del-cerebro-%C2%A1unete-la-cerebracion?all=all

http://www.educabarrie.org/agenda#/eventos/charlas-de-ciencias-el-cerebro-inventando-la-realidad-0?all=all


Estimad@ amig@:


Como sabes,  dende os  seus inicios, a Fundación Barrié destina os seus recursos  a  proxectos dirixidos a impulsar  iniciativas vinculadas á  educación e ao  fomento do talento.


En outubro do 2011, da un paso máis na súa aposta pola educación  e crea o educaBarrié como nexo de unión entre  a comunidade educativa e as actividades das distintas áreas da Fundación. Actualmente, estanse a desenvolver  distintos proxectos educativos que podes  visitar  na web
www.educabarrie.org  , lugar de encontro da comunidade de docentes de educaBarrié na que te invitamos a participar.
Desde o  área de Educación e Investigación, e na súa vertente didáctica, se desenvolven distintos proxectos destinados a  contribuír ao desenvolvemento das vocacións científicas e do ensino /aprendizaxe das ciencias.


Nesta ocasión, te invitamos a participar nun programa piloto destinado  a incrementar o grado de comprensión  dos principios básicos da xenética  destinado ao  alumnado de Bioloxía de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.


O proxecto se enmarca dentro das actividades didácticas do
Programa Diana, unha iniciativa conxunta da Fundación Barrié, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e  a  Universidade de Santiago de Compostela destinada á promoción da  investigación na  área da “medicina personalizada” ou farmacoxenética.

A partir de actividades e materiais de  aula, cun forte compoñente  socioconstructivista ,os e as alumnas terán que observar, postular hipóteses, aplicar teorías e comprobar empiricamente os resultados reprodutivos dunha parella de ratos.


Para que sexa máis doado, desde a Fundación Barrié, en colaboración coa empresa Xaraleira, enviaremos ao teu centro un kit cos materiais necesarios e pomos á túa disposición un blog de aula totalmente estruturado no que os rapaces compartirán con compañeiros doutros centros as súas experiencias.


Cada kit está composto por:
 



O proxecto se integra curricularmente na  Bioloxía de 4º da ESO, no bloque de xenética,  e se adapta perfectamente aos niveis de 1º e 2º de Bacharelato.

Está programado para incorporarse nas aulas entre o 27 de febreiro, data en que xa  terás recibido  o material e o kit de laboratorio,  e o 30 de marzo, día en que se recollería ás novas familias de ratos.

Polas características da experiencia,  é doado implicar a  profesores e alumnos de cursos inferiores do centro  para colaborar nas tarefas de limpieza e cuidados dos animais.

Como exemplo , deixámoste o link as bitácoras de aula de dous docentes pioneiros que xa desenvolveron a experiencia noutros cursos lectivos.


http://ratosnolaboratorio.blogspot.com( Preme no vídeo para ver un resumo do proxecto)
http://ratonesenlauretum.blogspot.com/


Como accións complementarias están previstas:



Si estás interesado/a en participar na experiencia piloto non tés mais que enviar  un e-mail a educabarrie@fbarrie.org  axuntando o formulario de inscrición cos datos que se te piden.


Recibe un saúdo cordial