NXT

O obxectivo deste obradoiro " A maxia da robótica" é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora, coa preparación previa dunha hora de introducción e familiarización cos robots e a linguaxe da robótica.

O kit está composto por un ladrillo intelixente, que é o encargado de mandar ordes aos motores e sensores para que o robot realice o que desexamos, diversas pezas de LEGO para poder construír o robot, dous motores, distintos sensores como o de presión (para saber se se choca con algo), de luz ou de infravermellos (para diferenciar o negro do branco), etc.

Para este taller non é necesario ter coñecementos en programación ou en electrónica, pois a electrónica esta integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual e sinxelo para que os máis pequenos tamén poidan construír e deseñar os seus robots.

Para montar o corpo do robot facilitaranse unhas guías onde se indíca paso a paso que pezas hai que conectar, e onde, ata que se conclúa a montaxe do robot.

Unha vez terminada a montaxe, comezarase coa programación. Coa axuda do ordenador, deseñamos a nosa estratexia. Para iso no programa seleccionamos o bloque que desexamos configurar como, por exemplo, os motores, e indicamos como queremos que se movan os dous motores (ou un só) para adiante ou para atrás, o tempo do movemento, etc.

 

prog


Cando seleccionamos un bloque indícanos todos os parámetros que podemos modificar. Cada sensor ten a súa propia configuración dependendo do tipo de sensor.

Para os mais maiores este taller é unha maneira divertida, sinxela e rápida de realizar un robot e para os máis pequenos é o método ideal para iniciarse no mundo da robótica, xa que lles resulta atractivo, divertido e incluso sinxelo, o que fará que queiran investigar e deseñar os seus propios deseños e creacións, motivando a súa creatividade e axudándoos a relacionarse con outros nenos ao traballar en grupo.

 

lego

Regras de funcionamento:

Os centros educativos que queiran participar no obradoiro " A maxia da robótica" deben inscribirse a través da páxina web en Inscricións.

Cada quenda terá un máximo de 40 estudantes que virán acompañados polo menos por 2 profesores ou profesoras -se o número de estudantes é moito menor, poderán coincidir simultaneamente con alumnado doutro centro-. A duración da visita será de 2 horas.

 O estudantes deben vir organizados en subgrupos de 4 ou 5 alumnos, tanto para participar no obradoiro como no concurso.

Datas: do dia 9 ao 13 de novembro de 2010

Horario matinal de 9 h a 14 horas

Horario de tarde de 16 a 19 horas (tamén para visitas concertadas e público xeral de 18 a 19 horas)

Día 13 de novembro II fase do concurso de robótica e entrega de premios.


Correo electrónico:
secretaria@igaciencia.org

A proridade virá determinada pola orde de chegada de solicitudes para a primeira quenda de cada centro.

Solicitude de participación: nesta páxina web

Información adicional:

secretaria@igaciencia.org

 

Tfno de dúbidas 982240857

Lugar:

Casa da Xuventude

Rúa da Igrexa s/n

27880 Burela

Mapa de localización de las instalaciones