Obradoiro a Maxia da Robótica

Semana da Ciencia 2009

 

Do 9 ao 14 de novembro de 2009

Lugar, en Santiago dentro da Semana da Ciencia que organiza a D.X. de I+D+I   Máis detalles      Saber máis, en que consiste?      HORARIOS PROVISIONAIS

Organiza: IGACIENCIA, colabora o Dpto. de Educación do Concello de Santiago

Patrocinan

Para alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato ou FP. Concurso:  Os participantes poden optar aos premios do II concurso galego de robótica.

Cada grupo, cun máximo de 40 alumnos debe vir acompañado de  profesores ou profesoras, preferentemente de Tecnoloxía, TIC, matemáticas ou ciencias. Para poder satisfacer a varios centros con menos de 40 alumnos poderán asignarselles a mesma hora e estarán simultaneamente á mesma hora.


Debe dar os datos do seu centro e escoller unhas datas preferidas, finalmente comunicarémoslle a aceptación 

Escriba a data preferida..:

-- dd/mm/aa

Escriba a hora de...:

Nome do Profesor ou Profesora

Número de alumnos que farán a visita

                       Cursos

Escriba o nome do seu centro


Escriba o seu email de contacto


Concello do centro.


Teléfono de contacto

 

 

 

Profesora/a Nome do centro concello Numero de alumnos cursos Data Hora
Ricardo Paredes Ies MArtaguisela O barco de Valdeorras Ourense 30 4 10/11/2009 Pola tarde
Manuel Sánchez CPI VIrxe da Cela Monfero 30 2 12/11/2020 11.00
Ana María Pérez Veiga CPI de Castroverde Castroverde 24 1 09/11/2009 12:00
JuanJosé Rivas Silva CEIP Frions Ribeira 15 5 13/11/2009 11:30
Daniel Rodríguez Pizarro IES ALEXANDRE BÓVEDA VIGO 35 2 10/11/2009 11:00
[1/11]

 

Obxectivos

Ø

Nesta actividade o que se pretende é achegar aos cidadáns e cidadás á robótica, un campo de absoluto futuro e aproveitar a súa “maxia” para promover a cultura científica na sociedade galega.

A maxia da Robótica é un compendio de actividades (obradoiro – exposición - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para

 -Familiarizar e explorar o campo da Robótica

-Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.

O propósito de mostrar aos mozos e mozas a robótica está vinculado ao potencial con que conta este sector da poboación para crear e innovar e os desexos naturais por explorar o novo e actual. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e poñer a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.

-Facer comprensible o mundo de robótica á cidadanía en xeral, resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro.

-Facilitar e motivar o achegamento dos nenos e nenas e da cidadanía á Ciencia e Tecnoloxía mediante a montaxe de sinxelos robots.

-Integrar coñecementos e empregar elementos básicos de programación, mecánica, electrónica, física e matemáticas, nun único proxecto.

Porque a robótica é unha disciplina na que se cruzan ou atopan, outras áreas das ciencias e a enxeñería. Non pretendemos "ensinar" robótica senón mostrar algúns elementos simples que son parte da robótica, pequenas pinceladas dela pero que, sen embargo, permiten entender de forma práctica aspectos de física, matemáticas, informática, etc.

- Apreciar a paixón pola aprendizaxe, os desafíos, e o desexo de vencelos, grazas ao feito de afrontar os retos robóticos que se vaian propoñendo.

Toda a programación se escribe nun PC e “é transferida” ao robot Mindstorms polo que, ademais, os nenos obteñen os beneficios adicionais de adquirir ou mellorar as súas habilidades informáticas.

-Integrarse nun grupo, compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo. Condicións necesarias para poder afrontar a resolución dos desafíos que se lles presentan.

 

A quen está destinado?

Estudantes de terceiro ciclo de Primaria, ou de Secundaria.

Cada grupo, cun máximo de 40 alumnos e alumnas, acompañado polo profesorado correspondente.

Cando? Datas: do 9 ao 13 de novembro. Horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 h.

A duración da visita completa é de dúas horas.

A visita do público xeral é libre das 18 ás 19h.

Profesorado: Presentación da actividade e exposición das posibilidades didácticas. Data: o xoves, día  5, ás 18:30h. no mesmo centro sociocultural.

Como participar?

Inscrición no Concello de Santiago dptoeducacion@santiagodecompostela.org tfno 981554400 ata o día 9 de outubro. A partir desa data a inscrición será exclusivamente a través do formulario que se atopa na parte superior desta páxina.

A prioridade virá determinada pola orde de chegada para a primeira quenda de cada centro.

A comunicación do horario definitivo asignado realizarase a través desta páxina.

Onde se celebrará?

“Casa das Asociacións”, que está ubicada na antiga estación de ferrocarril de Cornes. Avenida de Vilagarcía, 43, Santiago

Tel.: 981 542 350

- Lineas de autobús urbano 5 (Vite-Conxo/A Rocha), C2 (Estación de Autobuses-Fontiñas-Hospitais-Vite), e C4 (Estación de autobuses-Vite -Hospitais –Fontiñas).
 

Saber máis, en que consiste?

 

 

MONITORES E MONITORAS DO OBRADOIRO DE ROBÓTICA 2009

Ramón Costeira Fernández, Enxeñeiro de Telecomunicacións

Paulo González Ogando Licenciado en Matemáticas

Ana Mª López Legaspi, Licenciada en Matemáticas

 

Estudantes e profesores en Dorking, Surrey (UK), usan os LEGO MINDSTORMS Education NXT e comparten as súas opinións e experiencias. 

Colaboran

 

Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela

Cefore de Lugo