Ciencia é futuro

Calendario en Lugo

Fotos

En Lugo

1-O para qué

-Promover un maior recoñecemento social das actividades de investigación, desenvolvemento e innovación.

-Promover as vocacións científicas, impulsar e espertar o espírito científico e emprendedor e as profesións de científicos e tecnólogos entre as mulleres e os mozos.

-Espallar ideas e propostas educativas innovadoras e motivadoras, e novos coñecementos científicos, a partir de pequenos grupos a todo o profesorado e alumnado.

2-O porqué

-Os temas das matemáticas, da ciencia e da tecnoloxía son pedras de toque de moitas carreiras científicas e son críticos para a economía futura do país. Ver información de El País

-Infundir a motivación e o interese pola ciencia dos nosos xoves é un obxectivo prioritario.

-Porque mantemos as máis altas expectativas para o noso alumnado galego.

3-O como

6 xornadas interactivas (conferencias e actividades) os sábados pola mañá

-Mostrándolle aos rapaces como a ciencia inflúe nas súas vidas a través de actividades de carácter divulgativo, lúdico e participativo.

3.1 De temas como, por exemplo

Robótica

Como funciona unha empresa de base científica da zona

Paseos matemáticos

Os labirintos galegos

Nós celtas

Primeiros auxilios. Reanimación cardiovascular

Xogos matemáticos

Xeometría dinámica

Escher e matemáticas

Explorando coa luz

Identificación por ADN

Códigos de Barras

Bases de datos de ADN

........

3.2 Imitando ás Mathematical Masterclasses da Royal Institution británica

4-Cando?

De marzo a decembro de 2008

5-Onde?

En Lugo, A Coruña,....

6-Como funciona?

Como profesor ou profesora inscríbete aquí

Comprométeste a asistir -colaborando como titor-a metade das sesións cos alumnos, cun mínimo de

5 alumnos seleccionados (de 5 a 10 alumnos por profesor en función da demanda) e a incluír as actividades propostas anteriores a cada charla na túa aula e as actividades a desenvolver posteriores tamén na túa aula, co resto do grupo

Selección:

Feita polo profesor en base ao interese e motivación do alumno ou alumna.

O centro debe incluilo entre as súas actividades extraescolares

 

Patrocina

Concello de Lugo