I Exposición: Ciencia viaxeira: explorando coa Luz   

Obxectivos:

Conscientes de que no proceso de construción dun pacto entre a ciencia e a sociedade, é necesario o concurso de todos: investigadores e profesorado, representantes dos poderes públicos, editores,... participamos nas últimas edicións da Semana da Ciencia en Galicia, con actividades que incluían exposicións de carácter lúdico e interactivo. 

A experiencia foi gratificante. Á elevada participación sumouse a satisfación de comprobar que as actividades tiñan un forte compoñente de motivación para os mozos e mozas; algo que se podía constatar facilmente pola forma de implicarse en todos os xogos matemáticos e experiencias que se lles propoñían.

 Á hora de avaliar este tipo de actuacións, coincidimos plenamente na conveniencia de que non quedasen reducidas a algo puntual. Comezamos por preguntarnos: por que non manter a actividade todo o ano?, por que limitar os beneficios a só algunhas cidades? por que non converter cada centro educativo nun centro de espallamento da ciencia a toda a comunidade?

 Como poderíamos facilitar ese proceso? Concluímos, finalmente, que merecía a pena o esforzo de poñer en marcha o proxecto CIENCIA VIAXEIRA. O proxecto comparte coas "animotecas", exposicións interactivas que permiten unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos, a finalidade de "enganchar" á xente nova no gusto pola ciencia. A través dos diferentes módulos pretendemos contribuír, en algunha medida, á consecución dos obxectivos: 

-Achegar a Ciencia, en especial, as Matemáticas á Sociedade. 

Favorecer o coñecemento e desenvolver actitudes positivas na poboación cara ás matemáticas e a ciencia.

-Compartir a súa beleza e aprender a mirar a realidade e a interpretala coa axuda da ciencia.

-Servir como elemento de motivación e propiciar a participación de alumnado e profesorado en actividades matemáticas e científicas lúdicas e creativas.

-Provocar a curiosidade, estimular a atención, espertar o interese polo mundo que nos rodea e polas leis que o regulan.-Potenciar a integración do coñecemento facendo explícitas as conexións entre distintas ciencias.

Descrición:

CIENCIA VIAXEIRA constará de maletas experimentais, maletas pedagóxicas e paneis contextuais. 

Está orientada aos centros educativos e concellos, co ánimo de que se empregue no tempo de lecer, polo seu compoñente lúdico (festas da ciencia, semana das matemáticas, xornadas ...), e tamén no tempo escolar polas situacións propicias que xera para a construción do coñecemento científico. 

Explorando coa Luz, nace ó redor dun núcleo de experiencias que tratan de recoñecer, analizar e interpretar fenómenos cotiáns relacionados coa luz. Este núcleo inicial, está formado por algunhas das experiencias que formaron parte da exposición do ano 2005. Nesta, o labor de guía, motivación e axuda, estaba realizada por monitoras que previamente, e durante unha semana, recibían un curso para desempeñar mellor o seu papel. Agora, o proxecto ten que ser case "autónomo" e "independente" para poder viaxar, de forma que en calquera lugar se poda desenvolver de forma óptima coa guía da documentación que o acompañará. As maletas pedagóxicas, conterán a presentación do proxecto, pautas para o uso dos materiais, propostas de experiencias diversas, exemplificacións e, tamén, propostas pedagóxicas que relacionen as actividades e experiencias co desenvolvemento de competencias básicas no alumnado. As maletas experimentais, incorporarán experiencias "sorprendentes" (levitar coa axuda dun espello,...), retos que faciliten a interpretación de fenómenos paradóxicos (viaxar ao infinito,..), a posibilidade de realizar "milagres" (multiplicar obxectos de forma inmediata,...), de atopar tesouros, crebar lápices sen tocalos, ver a través da man, calcular alturas con espellos, atrapar un arco da vella, ver o mundo a través dun burato de alfinete, mergullarse no mundo da arte, caleidoscopios, periscopios, ... 

Estas características estamos convencidos de que propiciarán a súa apertura á toda a comunidade e non quedará reducido a un curso, a unha aula. Dúas liñas de paneis. Uns aportarán a visión da construción da ciencia como unha tarefa colectiva, unha construción humana progresiva e non como un conxunto de verdades reveladas, o papel da experimentación no avance do coñecemento científico, o papel dos modelos e as aplicacións das propiedades da luz. 

Outros, cos que pretendemos iniciar unha serie orientada a favorecer o coñecemento e investigación espacial, presentarán un panorama das ondas electromagnéticas e das súas aplicacións no dominio espacial. Para isto, é do noso interese contar coa colaboración do CNES -CENTRE NATIONAL D'ÉTUDES SPATIALES-.

II Exposición: Xeometría 3D: Dos poliedros ás tensegridades

Resumo: Baixo a estrutura de exposición interactiva disporase dun conxunto de materiais e recursos cos que se pretende estimular o pensamento visual en 3 dimensións, explicar as posibilidades da cultura espacial para resolver problemas reais, promover a cultura de investigación na clase de matemáticas e mostrar como se pode dotar aos cidadáns e cidadás de instrumentos para desenvolver as habilidades espaciais e a creatividade. 

Na exposición será posible construír, con diversos materiais comerciais e recortables, os poliedros regulares, os arquimedianos, os duais, o omnipoliedro, facer o estudo da rixidez, as tensegridades, etc. Visualizarase o paso de certos resultados xeométricos do plano ao espazo -no Teorema de Pitágoras, na suma dos ángulos dun triángulo, etc. - estando sempre presente a parte lúdica a través de desafíos e construcións do cubo soma, de cúpulas e poliedros estrelados, entre outros.

Obxectivo:

A idea central é a de promover a cultura científica na sociedade galega, atraer aos rapaces e rapazas cara ás carreiras científicas e mostrar a ciencia como algo divertido a través de actividades de carácter lúdico. Os obxectivos específicos xiran ó redor da necesidade da "cultura espacial" para todo cidadán e cidadá, tal como argumenta o profesor Claudi Alsina, na súa páxina web: La cultura espacial.

-Estimular a todos os niveis o pensamento visual en 3 dimensións, clave na cultura espacial,

-Desenvolver o sentido común espacial, pois non é, necesariamente, unha cualidade innata.

-Explorar as posibilidades da Cultura espacial para resolver problemas reais.

-Promover, a través da cultura espacial, a cultura de investigación nas clase de matemáticas.

-Dotar ós cidadáns e cidadás de instrumentos para desenvolver as habilidades espaciais e a creatividade.

Contidos:

Un cento de problemas que buscan o desenvolvemento da cultura matemática e espacial dos cativos e cativas. E un cento de carteis explicativos sobre ese tema

Os poliedros (regulares, arquímedianos, duais, os seus desenvolvementos, a súa construcción, o omnipoliedro, deltaedros, prismas e antiprismas,...)

Encher o espazo

A xeometría proxectiva

As tensegridades (cos premios de Arte e Xeometría 2006)

Os poliedros especiais: de Szilassi, de Császár, de Hill, de Connelly-Stephen....

O problema da rixidez

 

Os materiais: Cubos multilink, Polydron, Geomag e variantes, Zome, recortables de poliedros,....

Os desafíos: O cubo Soma, de Steinhaus, diabólico,... os problemas, pintando poliedros,...

III Exposición -Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte.

Expúsoxe no Lugar Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo  dentro da Semana da ciencia 2007 que organizou a D.X. de I+D+I   Máis detalles   Fotos

Vídeos sobre Escher de Emmer (ver ao fondo da páxina)

Haberá experiencias e experimentos manipulativos con polígonos, espellos, teselacións e mosaicos que permiten comprender aspectos da obra de Escher, ademais, naturalmente, de breves notas sobre a súa vida, da exposición sobre a súa obra, e explicacións dela.

Outras normas e máis detalles:

Vídeos
* "ESCHER": GEOMETRÍA Y MUNDOS IMPOSIBLES.
     MICHELE EMMER.
     1 videocasete (vhs) (27 min.)
     Serie: arte e matemáticas
     Niveis educativos: SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO ARTÍSTICO
Contidos:
     Traballos do artista. Sólidos que enchen o espazo. Sólidos imposibles. Figuras imposibles. Xeometrías non euclídeas.
El mundo fantástico de M. C. Escher
MICHELE EMMER.
     1 videocasete (vhs) (27 min.)