Exposición  PASEO ESPACIAL AO FÍO DAS ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS

 IGACIENCIA pon a disposición dos centros educativos  a exposición Paseo espacial ao fío das ondas electromagnética, coa que se pretende favorecer o coñecemento deste tipo de ondas e o seu uso para a exploración da Terra desde o espazo.

 Ver o mundo a través dos ollos dos satélites, ao tempo que nos introducimos no espectro electromagnético, é o camiño que segue esta exposición para:

 

Consta de 16 paneis de 50x70 cm. Para a súa realización contouse coa colaboración do Centro Nacional de Estudos Espaciais de Toulouse, que aportou as imaxes e permitiunos poñer o texto en galego.

 

Os centros interesados deberán realizar a solicitude a  secretaria@igaciencia.org  ou  inscribíndose Aqui,

Os centros receptores da exposición faranse cargo do custo do transporte, e tamén asumen o aboamento, en caso de deterioro, dos 16 cartaces da exposición.

Estamos a organizar o cartel sobre historia da astronomía que tamén será posible pedila en préstamo. 

Un exemplo do cartel na súa versión orixinal, do CNES, do Centre National d'Etudes Spatiales de Toulouse, en francés. Os nosos carteis están en galego.