O
obxectivo deste obradoiro " A maxia da robótica" é participar en grupo na
montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e
divertida en tan só unha hora, coa preparación previa dunha hora de introducción
e familiarización cos robots e a linguaxe da robótica.
O kit está composto por un ladrillo intelixente, que é o encargado de mandar
ordes aos motores e sensores para que o robot realice o que desexamos, diversas
pezas de LEGO para poder construír o robot, dous motores, distintos sensores
como o de presión (para saber se se choca con algo), de luz ou de infravermellos (para
diferenciar o negro do branco), etc.
Para este taller non é necesario ter coñecementos en programación ou en
electrónica, pois a electrónica esta integrada nun ladrillo intelixente e a
programación realízase nun contorno visual e sinxelo para que os máis pequenos
tamén poidan construír e deseñar os seus robots.
Para montar o corpo do robot facilitaranse unhas guías onde se indíca paso a paso
que pezas hai que conectar, e onde, ata que se conclúa a montaxe do robot.
Unha vez terminada a montaxe, comezarase coa programación. Coa axuda do
ordenador, deseñamos a nosa estratexia.
Para iso no programa seleccionamos o bloque que desexamos configurar como, por exemplo, os motores, e indicamos
como queremos que se movan os dous motores (ou un só) para
adiante ou para atrás, o tempo do movemento, etc.
Cando seleccionamos un bloque indícanos todos os parámetros que podemos
modificar. Cada sensor ten a súa propia configuración dependendo do tipo de
sensor.
Para os mais maiores este taller é unha maneira divertida, sinxela e rápida de
realizar un robot e para os máis pequenos é o método ideal para iniciarse no
mundo da robótica, xa que lles resulta atractivo, divertido e incluso sinxelo, o
que fará que queiran investigar e deseñar os seus propios deseños e creacións,
motivando a súa creatividade e axudándoos a relacionarse con outros nenos ao
traballar en grupo.
Regras de funcionamento:
Os centros educativos que queiran participar no obradoiro " A maxia da robótica" deben inscribirse a través da páxina web en Inscricións.
Cada quenda terá un máximo de 40 estudantes que virán acompañados polo menos por 2 profesores ou profesoras -se o número de estudantes é moito menor, poderán coincidir simultanemente con alumnado doutro centro-. A duración da visita será de 2 horas.
O estudantes deben vir organizados en subgrupos de 4 ou 5 alumnos, tanto para participar no obradoiro como no concurso.
Datas do dia 17 ao 21 de novembro de 2008
Horario matinal de 9 h a 14 horas
Horario de tarde de 17 a 20 horas (para visitas concertadas e público xeral)
Lugar: Centro de Educación no Parque Infantil de Tráfico, no parque da Milagrosa,
A proridade virá determinada pola orde de chegada de solicitudes para a primeira quenda de cada centro.
Solicitude de participación: nesta páxina web e no Concello de Santiago (dptoeducacion@santiagodecompostela.org tfno 981554400) ata o 9 de outubro (neste último caso)
Información adicional: secretaria@igaciencia.org, e /ou dptoeducacion@santiagodecompostela.org
Tfno de dúbidas tfno 981554400 e 679419987