Portada da Revista Labirinto nº1

English Español

Resumo

Labirinto” é unha publicación en forma de revista que cambia a concepción da prehistoria galega, tanto para os propios prehistoriadores como para o público en xeral. Baséase nas últimas investigacións históricas (cítase extensamente a Antonio de la Peña, especialmente no seu libro Prehistoria, Castrexo..., sobre o tema da antigüidade dos labirintos e da milenaria comunidade cultural atlántica), pero aínda máis directamente nas investigacións dos xenetistas británicos Bryan Sykes, Spencer Oppenheimer e do Dr. Daniel Bradley, lector en xenética do Trinity College de Dublin.

Coméntanse extensamente as figuras ou gráficos xeográficos do libro The origins of the British. Un libro que suscita comentarios como os que seguen:

A prehistoria Británica ten que ser radicalmente repensada. Barry Cunliff.

Estea preparado para desbotar todas as súas queridas nocións de britanidade e historia de Inglaterra. Clive Gamble.

Demostra que a invasión anglosaxona contribuíu só cunha pequena fracción (5%) ao pool xenético inglés. Spencer Oppenheimer.

A prehistoria Británica nunca será a mesma. Colin Renfrew, o coñecido prehistoriador inglés.

Pois ben, despois deste número de “Labirinto”, precisamente por apoiarse en bibliografía universal, a prehistoria galega nunca será a mesma.

As referencias ás investigacións médicas (as enfermidades celtas galegas), ou ao paleoclima a través da páxina web de Uriarte, dan pé a desenvolver un proxecto apaixoante en secundaria, un proxecto interdisciplinar no que se poden involucrar as ciencias, a historia, a lingua e mesmo as matemáticas (a través dos labirintos).

Aporta argumentos que desbancan as teorías de prehistoriadores galegos escépticos, así como dos xenetistas británicos que non dubidan en preferir ser “descendentes dos vascos” antes de que dos galegos; aínda que estes últimos aportan mapas como o do haplotipo

“Rory” de Oppenheimer que demostran claramente todo o que negan. De feito son a proba indubidable de que os galegos de hai 15 000!!! anos falaban unha versión primitiva de gaélico, que estenderon por Irlanda e Escocia.

A prehistoria amplíase, nas súas marxes de tempo, e as concepcións racistas caen: os celtas son unha mestura de poboacións europeas de hai 20 000 anos fabricada en Galicia (porque a única raza pura é a raza humana de hai 60 000 anos), ou como quizais o preferiría

dicir Oppenheimer: os descendentes dos galaicos son o 70% dos habitantes dos países célticos, incluída Inglaterra.

Así, celta é unha entelequia europea que derramará tinta sen conto durante moito tempo. Pero os feitos apuntan a que “Algo máxico ocorreu coas poboacións na fachada atlántica europea nos últimos 15 000 anos e tivo como cerna Galicia”. E o esbozo desa historia está contado na revista.

Apúntanse hipóteses asombrosas que relacionan os nosos petróglifos cunha cultura (celta? ou galaica?, que máis dará!) que durante os derradeiros 15 000 anos encheu a fachada atlántica cunha forza milenaria de símbolos, culturas e crenzas comúns. A época dos petróglifos “cup-and-rings con cola” que enchen Pontevedra, Escocia, Irlanda e Inglaterra, como se describe e se mostra visualmente na revista, marca un fito importante pois teñan posiblemente unha conexión con Stonehenge e coa Atlántida ou coa súa lembranza.

Os feitos obxectivos, artísticos, climáticos, xeolóxicos, xenéticos e lingüísticos apuntan a que os galegos estivemos de forma oportunista e oportuna (no momento que cumpría) en batallas e travesías milenarias que apuntalaron a primeira cultura libre e conexionadaeuropea: a celta.

En fin, despois desa longa viaxe pola prehistoria galega tratamos de afirmar, finalmente, a certeza da maior antigüidade dos petróglifos labirínticos galegos, derivándoos, incluso dos clásicos “cup-and-rings con cola”. Esta revista remata aquí, mais trátase de que sexa unha primeira pedra histórica e cultural doutras con máis contido matemático sobre os labirintos -algoritmos de deseño e de saída-, para, finalmente, completar os aspectos culturais non desenvolvidos.

Aínda non recibiches a revista? Apúntate a recibila enviándolle un correo á secretaría (en) igaciencia.org
 

Que vai coñecer?

-Os labirintos galegos son os máis antigos da historia.

-Para que usaban os labirintos. Primeiras fases galegas dos labirintos

-A cultura atlántica é unha cultura común de toda a fachada atlántica interconectada durante miles de anos.

-A Atlántida foi celta

-Galicia, como foco secundario de repoboación europea da fachada atlántica: explicación de porque os vascos aparecen repetidamente nas historias xenéticas relativas aos celtas

-Stonehenge é a catedral do culto da cultura dos petróglifos?

-O papel protagonista dos petróglifos "cup and rings" na prehistoria europea.

-A irmandade xenética dos galegos cos irlandeses, escoceses, e británicos en xeral.

-O cometa Clovis

Onde se contou isto?

MONDAY: ROOM 11  Manuel DÍAZ-REGUEIRO, President of IGACIENCIA and Member of IGEC (Instituto Galego de Estudos Célticos - Galician Institute for Celtic Studies): ‗THE ATLANTIC MAZE AND POPULATION DYNAMICS‘

http://www.historiaourense.org/

III Jornadas de História da Galiza (Ourense)

 

 

Influencias:

A Atlántida inspirou a Roger Bacon a escribir  New Atlantis

Influences

New Atlantis and other writings of Bacon inspired the formation of the Royal Society.

In recent years, New Atlantis influenced B.F. Skinner's 1948 Walden Two.

The Royal Society inspired  the Royal Institution, It was founded in 1799 by the leading British scientists of the age, including Henry Cavendish and its first president, George Finch, the 9th Earl of Winchilsea, for "diffusing the knowledge, and facilitating the general introduction, of useful mechanical inventions and improvements; and for teaching, by courses of philosophical lectures and experiments, the application of science to the common purposes of life."

the Royal Institution inspired IGACIENCIA

IGACIENCIA knows the secret of the Atlantis place and the Atlantis symbol.